Kokoharuka

Kokoharuka
Kokoharuka

Este é de ar o outro de auga

O espectáculo versa sobre cómo o crecente mundo virtual afecta á nosa liberdade, á nosa privacidade e ás nosas relacións, transformando a nosa identidade. O espazo virtual, inorgánico, ao que denominamos “de aire” vaise apoderando do noso mundo orgánico, real, ao que chamamos “de auga”.

Expoñemos isto a través de pequenas historias cotiás, que suceden a ambolos dous lados deste mundo real e virtual que nos rodea. Plasmadas en textos para ser leídos, en imaxes, en retratos da realidade, en universos sonoros e visuais, en escenas físicas e en pequenas historias, reflexións narradas en off pola voz dun computador, reflicten a realidade na que vivimos. Nesta creación investigamos a transformación á que estamos sometidos os homes e as mulleres actualmente, o crecente desenvolvemento das novas tecnoloxías, e como estas tecnoloxías nos transfoman, afectan e inflúen no noso corpo, o noso movemento e as nosas relacións.

Kokoharuka

 Masako Hattori e Octavio Mas

KOKOHARUKA é unha compañía de teatro-danza que poderiamos incluír na chamada corrente contemporánea, ou de novas tendencias. Nace en Galicia en 2017 da man da súa directora, Masako Hattori (artista xaponesa afincada en Galicia desde hai 12 anos. Licenciada en belas Artes en Kyoto (JP), e na Escola superior de arte de Aix-en- Provence ( FR), coas especialidades de: performance, debuxo, son e vídeo creación e co-director, Octavio Mas (case 30 anos de experiencia como iluminador profesional e director técnico, tanto a nivel nacional como internacional, en artes escénicas, ópera, concertos, teatro, danza e performance, así como en rodaxes, cinema, vídeo e televisión) 

“ Koko- haruka”, é unha expresión que significa: “Neste lugar, e nun lugar moi afastado”, e ten a intención de desenvolver a compañía no país de orixe (Xapón) e Galicia.