Isabel Do Diego

Imaxe Isabel Do Diego

Brutalismo

Brutalismo será o novo traballo de Isabel Do Diego en forma de concerto-escénico. Un site-specific ideado para ser mostrado en diferentes espazos arquitectónicos máis alá dos construídos para as artes vivas. O seu formato álbum terá forma de EP con tres ou cinco novos temas.

En Brutalismo, Isabel Do Diego faise as seguintes preguntas:

Onde comeza e onde remata o folclore do século XXI?

É a electrónica, como xénero permeable, o seu contedor máis inherente?

É posible crear un universo atávico-musical no pleno século XXI?

Para poder imaxinar, crear e materializar Brutalismo, Isabel Do Diego interésase polas prácticas máis atávicas e minimalistas do folclore en relación á súa sonoridade, a súa musicalidade, a súa festividade e a maneira de poñer o corpo na escena para a súa execución. O corpo como instrumento total. O corpo-médium que necesita ser mostrado, o máis austero posible, para encarnar a música da maneira máis directa e rotunda. Atravesar ao público e habitar a electrónica como folclore en si mesmo.

Para isto, Isabel Do Diego realizará unha dramaturxia musical elixindo os temas máis crus, rítmicos e contundentes de todos os seus álbums, entrelazando con estes os novos temas de Brutalismo EP. Tamén actualizará sonoridades e melodías para que así, este novo concerto-escénico, sexa vivido como unha experiencia única e acorde aos seus propios códigos escénicos.

Como vén sendo habitual dende o seu segundo álbum, Isabel Do Diego está creando un novo instrumento: Gavión, co que traducir a música o anteriormente citado e levalo á escena utilizando o corpo de maneira non tradicional ou académica. Gavión estará elaborado con aceiro inoxidable máis madeira virxe e todo iso conectado a un software. Neste instrumento-máquina é o corpo, como ser vivo, o ponte necesario para que a música brote.

É en Brutalismo, onde Isabel Do Diego pechará un ciclo de sete anos e propoñerá unha viaxe escénica-musical robusta e sólida. Un universo entre o atávico e atemporal do folclore e a electrónica. Unha performance sobrehumana onde Isabel Do Diego desplegará unha electrónica poliédrica, vigorosa e centelleante que servirá de base para unhas melodías vocais tradicionais e austeras que se transmutarán a través dun corpo-médium en pleno fulgor vital. Ademais, a idea inicial é ampliar o equipo e contar con outros músicos-performers para desenvolver e amplificar esta posta en escena.
 

Imaxe Isabel do Diego

Isabel Do Diego

Isabel Do Diego –alter ego do artista andaluz Juan Diego Calzada– desenvolve, no seu traballo musical e escénico, un folclore austero, brutalista e sacralizado.

O queixío electrónico de Isabel Do Diego abre un corpo á fuxida que traza unha nova perspectiva sobre o folclore andaluz. A súa música é unha prótese folclórica que transcende os espazos que a carne non pode habitar. Un ser híbrido. Un corpo que, na escena, camiña entre o humano, o animal e o espiritual.

Entre a familiaridade rural e o extrañamento futurista, Isabel Do Diego habita un universo escénico de gritos e sussurros, de melodías tradicionais xunto a sonoridades quebradas, de ecos rurais e industriais, de mensaxes herexes e oraciós, de fantasías sexuais e emocións castas. E moitos beats, samplers e sintetizadores. O seu cante e baile son monstruosos e de electrónica sacralizada. Un trampantojo escénico que, como alegoría, non é racional nin clasificable, senón que mostra o misterio que gardamos baixo a pel en forma de cerimonia musical.

En marzo de 2020 publicou DEPUEBLO, o seu primeiro álbum. Este foi incluído na exposición “Romper el Aire” de Pedro G Romero para a galería Alarcón Criado de Sevilla e elixido entre os dez mellores álbums de música de raíz para a revista Mondo Sonoro. Visitou varios festivais como o Monkey Week (Sevilla), Flamenco viene del Sur (Sevilla) ou Sâlmon (Barcelona).

Tamén Isabel Do Diego foi artista residente en SONORIDAD.ES 2020-2021 comisariada por Daniel Valtueña para o centro KJCC de New York.

En marzo de 2022 publicou BESTIA SAGRADA, segundo álbum e o cal se pecha en colaboración con Maria Arnal no seu tema final “Cataliza”. O directo deste segundo traballo estreouse no Centro Conde Duque (Madrid) e tamén visitou o Festival La Orgullosa (Barcelona), Córdoba Ciudad de las Ideas, La Madraza en Granada, Flamenco EÑE off en Madrid, o Festival MIL Lisboa ou o MaF de Málaga.

En abril de 2023 publicou ROZADURA, un EP de seis temas elaborado durante unha residencia de creación e concertos no Festival Flora de Córdoba 2022. Foi presentado en vivo en tres patios emblemáticos do Casco Histórico de Córdoba (Patio do Palacio de Orive, Patio de Las Campanas e Patio de San Basilio).

En marzo de 2024 publicou o seu primeiro vinilo A CARNE VIVA · Un concerto en formato vinilo gravado e cortado en vivo por Alhaja Records. O concerto-vinilo celebrouse na Sala Noble do Convent de Sant Agustí, Barcelona.

En novembro de 2024 publicou GOZO JONDO, o seu segundo EP con seis temas elaborados durante a residencia de creación Los Tientos, Granada 2023. A súa traslación a concerto-escénico foi estreado no Teatros del Canal, Madrid.