Fernando Epelde

Retrato Fernando Epelde
A Balada de Clippy
A Balada de Clippy 2

A balada de Clippy. O asistente de Microsoft Word 97

‘A balada de Clippy. O asistente de Microsoft Word 97’ explora o vínculo entre a idea do FRACASO e de CREACIÓN ARTÍSTICA, moi especialmente no ámbito da dramaturxia, onde a creadora enfróntase (se cabe) a unha maior perda de control sobre a súa peza.

A través dun formato multidisciplinar no que caben linguaxes como a música ou o teatro, investigamos sobre conceptos como a autoría ou a inspiración dun modo poético e o menos literal posible. Buscando o reflexo do extrañamento e a honestidade na nosa proposta.

Cruceiro Tenerife LAV con Laila Tafur

A primeira colaboración entre RPM e Tenerife LAV leva ao artista galego Fernando Epelde até Canarias para se mergullar na residencia que a artista andaluza Laila Tafur está a desenvolver na illa, nas marxes entre o corpo e a composición sonora.

Fernando Epelde

Traballo profesionalmente no ámbito da música e do teatro desde o ano 2002.

Actualmente compaxino o meu labor de creador escénico detrás de pezas como "A BALADA DE CLIPPY” ou “CERA” co meu labor de deseñador sonoro e músico de escena.

Últimas contribucións:

“BLAST” - Andrea Jiménez / Noemí Rodríguez – Centro Dramático Nacional 2022

“O LUGAR E O MITO” - Paola de Diego – Teatro Nacional Clásico 2022

“A VIDA É SOÑO” – Declan Donellan – Teatro Nacional Clásico 2022


Os meus últimos traballos no ámbito da escritura teatral achéganse ao territorio do posdrama, a medio camiño entre a experimentación formal e o teatro de autor.  

Durante os últimos anos presentei algunhas pezas en teatros nacionais tales como: Centro Dramático Nacional, Teatros e La Abadía, Teatro María Guerrero ou Teatro Nacional Clásico, compaxinando este labor co desenvolvemento de proxectos máis experimentais, colaborando en ocasións con artistas doutras disciplinas e xeracións.