Desgarradura - Víctor Longás & Lucas Ares

Imaxe Desgarradura - Víctor Longás & Lucas Ares

The Miracle Worker

The miracle worker nace da necesidade dos membros da compañía de conectar cos seus lugares de orixe. Recordar, reimaxinar, reescribir, revivir... só ten sentido se volvemos a onde todo comezou. Despois de saír da terra e formarse e madurar como artistas fóra dela, lonxe das súas familias e raíces. The miracle worker busca crear xuntos coa idea de estar en escena, de activar co corpo este dispositivo milagroso que permite recordar, revivir e continuar vivindo. Busca armar un dispositivo escénico capaz de seguir obrando o milagre, traballando os conceptos de fogar, familia, recordo, perdón, reinterpretación, representación, culpa e milagre dende unha perspectiva física. Contrastando o traballo co vídeo en directo en espazos non convencionais.

The miracle worker é un proxecto de creación da compañía madrileña Desgarradura que nace da necesidade de conectar co lugar de orixe, despois de saír da terra e formarse e madurar fóra dela, lonxe das súas familias e raíces, coa intención de construir un dispositivo escénico capaz de imaxinar o milagre do reencontro. 
 

imaxe The miracle worker de Desgarradura
imaxe The miracle worker de Desgarradura

Desgarradura - Víctor Longás & Lucas Ares

Lucas Ares (actor, bailarín e creador escénico) e Víctor Longás (escenógrafo, artista plástico e creador escénico) coñécense no contexto da Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid en 2017 e comezan a traballar xuntando as súas visións afíns sobre a escena en diferentes proxectos.

Desde 2021, baixo o nome de Desgarradura, estrearon varias pezas de creación propia como Díptico de Verónica, no Teatro de La Abadía, no marco de Domingos de Insurrección, festival de creación contemporánea en espazos non convencionais e que puido verse noutros espazos como o Contenedor Cultural da UMA; ou Criadas no Teatro Galileo - Quique San Francisco, dentro do segundo festival Sala Joven, que puido verse ademais no Salón Teatro do Centro Dramático Gallego.

O traballo que realizan en Desgarradura sitúase no espazo de converxencia entre as artes plásticas e as linguaxes propias das escénicas, un espazo cheo de tensións onde entender e expandir o acto escénico en si. Exploran o cruzamento entre corpo, obxecto, movemento, palabra e imaxe con especial interese nas súas afeccións corporais, en proxectos escénicos, plásticos e de investigación desde o performativo e as iconas da cultura popular. Colocan no centro da súa práctica o uso de vídeo en directo como elemento narrativo fundamental das pezas, experimentando coa imaxe e os modos de xerar presenzas en escena.