Antes todo esto era campo
ANTES TODO ESTO ERA CAMPO é unha peza escénica onde as prantas falan e cantan mentres nos facemos preguntas sobre o significante de existir e a nosa relación coa natureza.
A través do uso dun espazo interactivo onde as prantas reaccionan no intercambio cos performers, xerando un espazo sensorial e activando gran parte do discurso dramático, reflexionamos coa tecnoloxía e activamos unha búsqueda para reconectarnos á natureza e intentar estreitar unha brecha xeracional.
Unha investigación aberta, existencialismo e un pouco de humor.
Colectivo Nerval / David Orrico
Mediado por David Orrico, docente, músico e artista multidisciplinar, dende 2018 Nerval redefínese como un colectivo de persoas que colaboran na creación de propostas de artes vivas mediante obradoiros de investigación e proxectos site-specific, partindo das artes híbridas ou vivas como un medio de autocoñecemento, reflexión, análise, crítica e expresión nunha sociedade saudable.