Cruceiro Franxa Norte
O Cruceiro Paraíso pola Franxa Norte levou a Nuria Sotelo e Rubén Vilanova –responsables de A Casa Vella– a facer ruta por distintos espazos do norte da península. A Sala Sabil, o Ecomuseo Laponte, a artista Mónica García e o artista e axitador cultural Rodrigo García, o proxecto PACA, foron as paradas asturianas. En Burgos, visitaron El Hacedor e como última parada Azala, da man de Idoia Zabaleta en Euskadi.
A Casa Vella
A Casa Vella é un espazo de creación ubicado na aldea de Amiadoso, no Concello de Allariz. É un dos primeiros espazos deste tipo que se poñen en marcha en Galicia, un proxecto innovador e alineado co espírito e tendencias do seu tempo, no que comenzan a xurdir unha multiplicidade de iniciativas que buscan unha posta en valor do rural desde novos modelos sostibles que asocien cultura, natureza, benestar social e desenvolvemento profesional.
A Casa Vella é un proxecto de vida de Nuria Sotelo e Rubén Vilanova.