Transparentar
Transparentar é un proceso de investicación escénica baseada na experimentación dos corpos no que se prantexa unha pregunta principal. A Xeración de Cristal é fráxil ou transparente?
Cuestión da cál emerxen outras coma: que é ou por que se caracteriza dita xeración? O sufrimento individual é colectivo e interxeracional? É comparable? Somos nós os esgotados ou é o sistema? Frustración coma nova relixión? A distopía é o noso futuro?
Estas preguntas teñen algo en común, a chamada Xeración Z ou Xeración de Cristal. Formada por persoas que naceron aproximadamente entre finais dos anos noventa e dos inicios dos 2000. É a primeira xeración onde aparece o uso das novas tecnoloxías a idades temperás, o que desencadeou diversas conductas sociais e psicolóxicas sumado aos grandes cambios socioeconómicos que se están a producir. Caracterizada pola expansión da loita feminista, o ecoloxismo, a saúde mental, recoñecemento de todas as sexulidades e xéneros, etc.
Sensación de pérdida , ansiedade, depresión. Que conleva a que sexamos a primeira xeración que fala e expón a necesidade da saúde mental e a entrar en debate de se realmente somos fráxiles ou facemos transparente o sistema e todas as súas carencias. Non somos unha xeración esgotada o sistema está esgotado, non nós.
Esta residencia foi posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, da Fundación Cidade da Cultura, Acción Cultural Española e a Deputación da Coruña.
Bal Castro & Inés Santos
Bal Castro
Actor formado en interpretación xestual na ESAD de Galicia.
Actualmente forma parte do elenco “Afectos" unha coprodución do Centro Coreográfico Galego coa compañía Kirenia Danza. Anteriormente tamén forma parte do elenco da peza "Primeiro a vida” de Kirenia Danza. No ano 2022 traballa no proxecto europeo “Antibullyng movement series erasmus” na cidade de Hildeshiem, Alemania. Forma parte da compañía de teatro físico Mevadeus, gañadora do primeiro premio na categoría de teatro do Xuventude Crea 2021, coa peza “Agro 5G”. En Outubro de 2022 estrea Outrora Nós” con Mevades. No 2022 formou parte de “O rato da biblioteca” de Palimoco teatro. Tamen formou parte da produción teatral do Centro Dramático Galego (CDG) 2020/2021 “Serva me, Servabote”. No 2021 recibe un workshop de creación escénica impartido por Marta Pazos. No 2019 actúa coa súa peza de autocreación “Heridita de unmaricón” na Sala Artika, de Vigo.
Inés Santos
Actriz formada en interpretación xestual na ESAD de Galicia. Está representada pola axencia Aleteia Intérpretes.
Completou a súa formación teatral na Escola Superior Artística de Porto (ESAP) e a formación dancística no Balleteatro de Porto coa coreógrafa Né Barros. Realizou diversos workshops con Winston Reynolds (microbacia), Marta Pazos (creación escénica), Verónica Forqué (teatro). Forma parte da compañía de teatro físico Mevadeus, gañadora do primeiro premio na categoría de teatro do Xuventude Crea 2021, coa peza “Agro 5G”. En Outubro de 2022 estrea “Outrora Nós” con Mevadeus. No 2022 traballa coma asistente de produción teatral no Balleteatro de Porto xunto o equipo directivo da compañía de Né Barros e imparte docencia de teatro físico a nenos e adolescentes na mesma institución. En 2022 gaña o segundo premio na categoría de danza no Xuventude Crea. En 2021 gaña xunto a Mevadeus, o primeiro premio do Xuventude Crea 2021 de teatro coa peza "Agro 5G". Formou parte do festival Escenas do Cambio (2019), coa peza "O gatillo da felicidade" coa compañía portuguesa Casa Branca. No 2019 foi seleccionada para a residencia de danza do festival Herdanza coa peza "Heterotopía" no CGAC.