Ana Erdozain

Imaxe Ana Erdozain

Cuerpo acumulado

Cuerpo acumulado é un proxecto que explora, a través da danza, a fotografía e a videoarte, a idea dun corpo atrapado, un corpo acumulado pola estética social, que necesita expansión e liberación. É unha reflexión sobre o corpo vulnerable, un corpo cheo de cicatrices físicas e emocionais. Cómo colocar o corpo nun estado de baleiro para permitir que xere novas fisicalidades e contextos corporais. Un baleiro que propón un número infinito de posibilidades, unha nova reconstrución mental do corpo, desterrando as expectativas sociais.
 

/ Este Cruceiro Paraíso é posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña

Imaxe Ana Erdozain

Ana Erdozain

Creadora, intérprete e artista visual. Desenvolve a súa carreira coa Compañía Losdedae de Chevi Muraday, a Compañía Danza Mobile, Carlota Ferrer, Antonio Fernández Lera, Patricia Ruz, a compañía Tecido Conectivo, Alba González, Raquel Sánchez e Chefa Alonso, entre outros. Colabora como asistente de movemento en distintos proxectos de Carlota Ferrer, coa Compañía de Teatro O Pontflotant, coa compañía Teatro Reno (México) e no espectáculo, de Julia de Castro, “Exhalación: vida e morte da Puríssima”.

Como creadora desenvolve a súa compañía coa peza Senllas, gañadora de tres premios no 28 Certame Coreográfico de Madrid. Continúa coa peza Punto de fractura, gañadora do segundo premio no III Certame DanzaXtrema (Cáceres). Colabora no espectáculo “O festín dos corpos” da Compañía Danza Mobile, dirixido por Arturo Parrilla e estreado na 33 edición do Festival Madrid en Danza. Os seus últimos traballos son 12//04 estreado no Teatro Pradillo, OUT OF PLACE proxecto fotográfico dentro do Festival XORDE 23, A Brevidade do Corpo presentado en Dt Espazo Escénico e As douradas, peza seleccionada nas residencias de investigación do Centro Coreográfico Canle estreada na programación 2024 do Teatro Pradillo, Solastálgia estreada dentro do Festival Elas Crean en Madrid. Actualmente atópase como coreógrafa das Troianas, de Carlota Ferrer, que se estreará no Festival de Mérida 2025 Desde o 2005 compaxina a súa faceta como intérprete e creadora coa docencia.