Ana Cotoré

Imaxe Ana Cotoré

No necesito un nombre para ser mascota

 
Residencia | 15.97–03.08.2024 | Cidade da Cultura + Salón Teatro CDG
Muestra aberta | 03.08.2024 | 20.00 h | Salón Teatro CDG

 

No necesito un nombre para ser mascota é un proxecto no que Ana Cotoré aborda os conceptos de domesticación e cansazo dentro do sistema capitalista, en xeral, e do sistema da arte, en particular, coa saúde mental como foco de atención. Esta investigación atravesada polo corpo, o texto e a danza vén acompañada do iluminador Victor Longás e conta coa mirada externa de Álvaro Murillo. 
 

No necesito un nombre para ser mascota parte dunha experiencia autobiográfica para desenvolver unha proposta escénica na que conectar con todo aquilo que nos fai reestruturarnos cando algo externo irrompe e provócanos un derrubamento vital. 

Ana Cotoré

Ana Cotoré é bailarina, intérprete, creadora e pedagoga nada en Zaragoza. Paralelamente, é licenciada en Psicología e graduada en Educación Social, disciplinas que influíron profundamente na súa investigación do movemento e na súa traxectoria artística.        


Como bailarina, actriz e intérprete, actualmente traballa en Madrid con Mariña Otero na obra Kill me, e participou no elenco da Compañía Matarile Teatro nas obras Daimon y la jodida lógica e en Inloca. Desde 2017 traballa coa Compagnia Movimento Danza de Gabriella Stazio (Nápoles, Italia) e también participou en diferentes proxectos de danza-teatro, un dos cales coa compañía Connecting Fingers Company. Adoita colaborar na creación e supervisión coreográfica para traballos doutros profesionais das artes escénicas e recentemente traballou como coreógrafa e na película- documental When I dance (Berlín, Alemaña).

Como autora e creadora das súas propias pezas participou en diferentes festivais en España e no estranxeiro coas pezas Réquiem por un cuerpo I, Réquiem por un cuerpo II, Takotsubo e Stage Diving, entre outras, tanto en espazos de sala como en non convencionais.