Alejandra Balboa

Alejandra Balboa bailando 01
Alejandra Balboa bailando 02
Alejandra Balboa bailando 03
© Fernando Suárez Cabeza / “Cuando le permito al cuerpo aquello que digo”, de Alejandra Balboa

Cuando le permito al cuerpo aquello que digo

"Cuando le permito al cuerpo aquello que digo" é un proxecto de investigación física que se propón espreitar e observar a garganta, a mandíbula, a boca (lingua) e a respiración como orixes desde os que facer florecer o movemento.

Alejandra propón, xunto con Pavel Amilcar (violinista), liñas de exploración que potencien o factor experiencial que reside no acto de moverse, no acto de estar e no acto de atravesar o espazo. Permitindo que os desexos, as substancias veladas na carne, sexan as creadoras do discurso corporal, sonoro e espacial.

Cruceiro Dantzagunea

O Cruceiro Paraíso en Danztagunea permitiume investigar e profundizar no meu traballo individual e tamén coñecer parte do contexto vasco, outros espazos, compañías, programacións. Foi unha semana moi rica en estímulos.

No estudo traballei a concepción do corpo como almacén da memoria, identificando qué partes rexistran esa información e de qué forma habitan nel. Explorando as texturas físicas que suceden dun recordo, dunha imaxe, dunha sensación.

Alejandra Balboa

Bailarina e creadora graduada pola Escola Superior de Dança en Portugal. Bolseira coas compañías OtraDanza de Alicante, Irene K de Bélxica e Francesca Selva de Italia. 

En 2016 comeza o seu camiño no mundo da creación, abordando o movemento desde un punto de vista persoal e introspectivo. Con as súas pezas foi semifinalista no certame de coreográfia Burgos & Nueva York e finalista no certame Sólodos en Danza de Ourense.

Como intérprete participou na peza "La Partida" de Vero Cendoya no Corpo (a) Terra 2018 e "Free Fall" de Sharon Fridman en Valencia de 2016. Foi intérprete nas pezas "In between" de Mikel Aristegui, "Efímera" de Asun Noales e "Barroco Suite" de Francesca Selva.