Alba Fernández Cotelo

Imaxe Alba Fernández Cotelo
© Raquel Castro

Monte

Monte traballa pola posta en valor das historias en feminino de Cuba e Galicia, que están unidas ancestralmente, e afúndanse no respecto pola terra, pola natureza. Están intrinsecamente unidas polo fenómeno migratorio, e cheas de historias que ben merecen ser contadas.

Desde a danza, a música e a palabra, atopamos unha muller que ben puido vivir a emigración de ida e volta. Unha muller forte e sabia, que coñece todos os segredos do Monte e vén do mar. Coñece todas as herbas, todas as lendas e os brebaxes, e mantén unha forte conexión coa terra, cos tambores, coa voz e coa clave.

Quen é OWURO?

 

/ Este Cruceiro Paraíso é posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña
 

Imaxe Alba Fernández Cotelo

Alba Fernández Cotelo

Laboratorio Escénico é unha compañía de artes escénicas creada no ano 2019. As súas creacións son multidisciplinares e está dirixida por Alba Fernández, bailarina, profesora, actriz e creadora de artes vivas, e Carmen Cotelo, actriz e directora teatral.

Alba Fernández comeza a súa carreira profesional como bailarina, creadora e profesora de danza no ano 2006, na Coruña. Formada en diferentes centros, especialízase en danza contemporánea e danza urbana. Na actualidade, é socia cofundadora de Laboratorio Escénico S. Coop. Galega, cooperativa coa que abre un centro de artes no ano 2019, Laboratorio Escénico Coop, e crean a compañía Laboratorio Escénico, que conta actualmente con 5 espectáculos en xira.

É codirectora da compañía de danza Exire, con 19 anos de traxectoria. Ademais, colabora con outras compañías, como Nova Galega de Danza e Colectivo Glovo, como intérprete.

Premio SóLODOS en Danza 2017, "Mellor Intérprete" no Festival DZM 2020 e "Mellor Coreografía" no Festival DZM 2019.