The 3 H/ostias

H/OSTIAS

As tres artistas crean a partir de pautas de composición escénicas, basándose nos conceptos da idea inicial, os significados da palabra H/OSTIA, e na arquitectura que as rodea así como na historia do propio espazo, chegando a usar o panóptico da antigua cárcere nunha mostra final do proceso co público.

A súa vez realizan actividades expandidas durante estas semanas saindo as rúas da cidade de Lugo e grabando á súa xente mediante a seguinte pregunta recurrente do proxecto : Cal foi a túa H/OSTIA VITAL máis significativa?

Integraron este material na propia peza xa que a ademáis das respostas, conseguiron o propio movemento significativo que definía as H/OSTIAS VITAIS de cada persoa creando unha coreografía mentras sonaba o audio coas respostas orixinais.

The 3 H/ostias

Raquel Espada, Laura Villaverde e Megan Hanley

Raquel Espada actriz galega que vive en Madrid, Megan Hanley -una actriz norteamericana que vive en New York- e Laura Villaverde, actriz galega residente nunha fronteira de Galicia están na procura dende hai meses vía online dun espazo no que xuntarse para materializar, experimentar, probar, intercambiar, discutir, crear, desenvolver as ideas que expoñen no texto anterior. H/OSTIA entendida como unha reacción física a un acontecemento, non como golpe, animal ou cousa que se ofrece en sacrificio. Para nós é unha acción física que todas e todos experimentamos vivindo algunha experiencia cando abandoamos o noso contexto de confort. Queremos falar físicamente sobre nós mesmas e do noso encontro, onde nos coñecimos, cómo naceu a nosa longa amizade. Que nos provocou físicamente estar a 7.000 Km de distancia e cal é o motivo que nos fixo estar unidas e querer materializar unha H/OSTIA unindo os dous lados do mar Atlántico.

“Non podes crear resultados. Só podes crear as condicións nas cales algo pode acontecer”. ( Anne Bogart)