Voo

voo. ainda hoxe sego voando, agora por Italia ademáis da Galiza. parece que pasaran 9 anos ou 100 daquelo, moitos, moita vida. o para_íso foi o niño onde aconteceu, onde cristalizou a peza que non para de medrar. a última muda de pel foi unha adaptación lúdica para verbenas, sen texto nen mensaxe política e, curiosamente, a xente emociónase igual. algunhas personas choraron cando fixen o cabalo na festa do viño etrusco. agora fago un cabalo a maiores do paxaro. a xente está sensible. lonxe do niño son máis libre pero, permanece a referencia amorosa daquelo que aló acontecera. como se o para_íso deixase unha pegada poderosa, aquela da xénese.

Ánxela Blanco

Ánxela Blanco

Case novembro do 2021; a danza do cotiá, o corpo común, a fascinación, os paus, as árbores e a auga. e a vida. bailar para imaxinarse diferente (Yayo Herrero, 2019), ou a danza aplicada á educación na procura dun moverse en liberdade (Emmi Pikler, 1984). (2) estudo do traballo en bandadas, esas estruturas elásticas e pesadas canto as rutas que han percorrer os paxaros milenio tras milenio. as bandadas transitan leves esas canles atávicas, descapitalizadas, organicamente inestables coma un regueiro de auga.