VOID VOID VOID

VOID VOID VOID é unha actuación coreográfica e sonora: unha paisaxe onde o xesto, o son e o espazo se dilúen nunha soa materia. Trátase dun proxecto experimental, no que, a través dunha atmosfera inmersiva, se crea un dispositivo coreográfico e sonoro, que funciona como un xogo de volumes e contrastes entre o visible e o invisible, entre o silencio e o ruído, entre o caos e a orde, entre a realidade e o imaxinación. Traballando a abstracción e o imaxinario (pero sen perder nunca a referencia ao real), a peza está dedicada á construción dunha paisaxe baseada no baleiro ou mellor dito: unha paisaxe que irrompe e se transforma a través da nada.