Diego M. Buceta
Diego M. Buceta
Formeime en teatro e danza a través da academia. Agora continúo a miña aprendizaxe replantexándome a miña propia práctica, tratando de aliarme co tempo e con outras voces que, como a miña, imaxinan outras maneiras de facer.
Creo cousas en torno ás artes do movemento e as artes vivas, só ou aliado con outros corpos. Dende fai uns anos, xunto a Belén Bouzas e Fran Martínez compoñemos baixo o abrigo de Pálido Domingo. Fora disto, cada encontro é unha oportunidade para seguir pensando xuntas e dar forma mediante o corpo a ditos pensamentos.