Cris Vilariño
Cris Vilariño
Nacín en Lugo. Uso o apelido da miña avoa porque si. De pequena quería ser Raffaela Carrá e organizaba espectáculos para os meus peluches no salón da miña casa. Fun de movemento continuo, hoxe estaría medicada.
Bailei moito. Regaláronme unha Kodak Instamatic na miña comuñón e espremina ao máximo.
Non sei como o meu pai convenceume para estudar Dereito. Mantívenme dous anos antes de cambiarme a xornalismo onde me licenciei e fixen un posgrao de Fotoperiodismo.
Traballei de xornalista e fotógrafa.