Illas desertas

Cal foi a túa última experiencia inútil? 

Illas desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior. É habitar, abrir, reencontrarse con eses terrirorios ignatos que nos habitan interiormente e que buscan salír á boia, cando a vida sacódenos, cando nace ese baleiro que o material non pode encher. Porque non roubarlle o tempo á morte con esta aventura? 

Artesa Cía embarca ao espectadoor nesta aventura a través dunha app.Sen esquecer o poético, íntimo e contemporáneo que existe nos seus traballos e continúa na busqueda de novas linguaxes escénicas; esta vez, para penetrarse na utilidade do inútil.

Artesa Cía Transmedia

Artesa Cía Transmedia

Artesa Cía Transmedia (Roi Fernández Alonso e Laura Villaverde Carrera)

Compañía escénica de creación contemporánea.

Artesa Cía é unha compañía híbrida que mestura o cine e o teatro, debido á formación dos seus fundadores, Laura Villaverde, actriz e creadora escénica e Roi Fernández, artista multimedia.

A compañía funciona como un colectivo itinerante que serve como plataforma para colaboracións; locais, nacionais e internacionais. Sempre na busca de material inédito para as súas obras escénicas.