H/OSTIAS

As tres artistas crean a partir de pautas de composición escénicas, basándose nos conceptos da idea inicial, os significados da palabra H/OSTIA, e na arquitectura que as rodea así como na historia do propio espazo, chegando a usar o panóptico da antigua cárcere nunha mostra final do proceso co público.

A súa vez realizan actividades expandidas durante estas semanas saindo as rúas da cidade de Lugo e grabando á súa xente mediante a seguinte pregunta recurrente do proxecto : Cal foi a túa H/OSTIA VITAL máis significativa?

Integraron este material na propia peza xa que a ademáis das respostas, conseguiron o propio movemento significativo que definía as H/OSTIAS VITAIS de cada persoa creando unha coreografía mentras sonaba o audio coas respostas orixinais.