Laila Tafur
Laila Tafur
Nacín en Granada e formeime como bailarina e coreógrafa nas escolas de Reykjavik, Lisboa e Barcelona. Cursei o máster MPECV do Reina Sofía e o PEI do MACBA, onde o interese pola danza virou cara ao seu lado máis gamberro e bastardo. Entre os meus traballos están A miña Arma, un western flamenco; Susobras, moi meta sobre a propia danza; Monstruo, do indecible ou salvaxe; Cobalto, unha marcianada híbrida creada xunto a Alba Rihe e Carne de Canción onde convive a aproximación amateur á produción sonora, co oficio de bailarina profesional.