Marcia Vázquez

Proceso Marcia Vázquez
Proceso Marcia Vázquez1
Proceso Marcia Vázquez2
Proceso Marcia Vázquez3
Proceso Marcia Vázquez4

Vaivén

Durante xullo de 2022 traballei en "Vaivén" xunto a Acacia Ojea (espazo sonoro) unha peza escénica de danza contemporánea que navega en mareas vivas. Foi unha investigación que se mergullou nas vibracións, nas ondas sonoras e que conecta, inevitablemente, no oceáno interior das emocións.  

"Tras a tormenta, o océano cospe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade. A area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla antes de que volva subir a marea?

Un paso polas lembranzas a todo o que rodea á mar en Galicia: a dureza do traballo da pesca, a paisaxe en cores e sons, o Prestige, a personalidade non escollida de vivir ao carón da costa. "

A súa estrea foi o 12 de maio de 2023 no Teatro Rosalía de Castro, A Coruña.

Marcia Vázquez

Bailarina, creadora e xestora cultural viguesa.

Comeza polas danzas urbanas dentro do ámbito das batallas, desde 2016 decántase pola danza contemporánea. Formou parte da 3ª e 4ª xeración da formación internacional de La Faktoria Coreographic Center, Pamplona. Seleccionada pola  Rede Acieloabierto na  bolsa de itinerarios formativos en 2019.

O seu solo Onde pousa a humidade recibiu dous premios no festival DZM e unha mención especial "por levar o local, lonxe", percorrendo toda a Península. Seleccionado polo certame internacional Masdanza de Gran Canaria.

Actualmente está a continuar o traballo para a súa versión en sala, Vaivén, recentemente saída de Residencias Paraíso. Traballou en proxectos híbridos con variedade de artistas dentro da vídeodanza, situándose en numerosos festivais de audiovisuais.

Marcia é unha artista inseparable da súa reivindicación persoal, corpo-comunidade, territorio-identidade.